Concello de Entrimo

Concello de Entrimo

Piscinas fluviais de Pacín

Piscinas fluviais de Pacín

Na área recreativa do río Pacín atópanse as piscinas fluviais municipais. Ábrense no verán e están formadas por tres piscinas de diferentes niveis de auga para o goce do público de todas as idades. Conta, ademais, cunha zona de descanso acondicionada con céspede e con servizo de socorrista. Na contorna, hai unha zona de paseo pola ribeira do río, mesas con bancos e unha área canina.