Concello de Entrimo

Concello de Entrimo

Situación

O concello de Entrimo está situado ao sur da Comunidade Autónoma de Galicia, na rexión sur occidental da provincia de Ourense, en estreita relación cos territorios fronteirizos de Portugal. Forma parte da Comarca da Baixa Limia xunto cos municipios de Lobios, Muíños, Lobeira e Bande. A capital municipal é A Terrachán.

Conta cunha superficie aproximada de 84.53 km2, de orografía montañosa e altitude media de 511,40 m., sobre o nivel do mar. Os seus límites xeográficos son:

  • NORTE: Concello portugués de Melgaço.
  • SUR: Concello de Lobeira e río Limia, límite natural co concello de Lobios. Encoro de Lindoso no extremo Sur.
  • OESTE: Río Barcia/Laboreiro, límite natural co concello portugués de Arcos de Valdevez.

Entrimo forma parte do Parque Natural Baixa Limia- SErra do Xurés. Está definido por dous sistemas montañosos de importancia na zona, as serras DO Quinxo (extremo occidental) e de Queguas (extremo oriental), accidentes xeográficos que definen o marco territorial de estudo. Ademais, o Concello está sucado polo río Limia na súa dirección oeste-LESTE, aínda que de norte a sur é atravesado polo río Barcia/Laboreiro e o río Agro.