Concello de Entrimo

Concello de Entrimo

Campionato España de Trial 2023

A Federación española de Trial confiou de novo no Motoclub Trial Entrimo para a organización dunha das nove probas do Campionato de España que terá lugar o 23 e 24 de setembro de 2023.

Nas zonas sitas no monte O Pedreiriño e na alameda da Terrachán, os pilotos demostrarán a súa preparación e destreza para o disfrute de afeccionados e afeccionadas a este deporte.