Concello de Entrimo

Concello de Entrimo

Magosto Castrexo

Algúns estudos relacionan os magostos co Samaín en Galicia, unha celebración de orixe celta que honraba o final das colleitas e festexaba a chegada do novo ciclo anual.

En novembro de 2022, o Concello organizou este magosto para conmemorar a festividade de San Martiño e ligalo ao pasado castrexo de Entrimo.

Durante unha semana realizáronse actividades en colaboración co Colexio de Santa María a Real, para que os máis pequenos coñecesen a historia, a contorna e a natureza do noso concello.

As xornadas finalizaron o sábado 12 de novembro cunha exposición, talleres de cerámica castrexa, unha feira de artesanía, un concerto e a celebración dun magosto popular na alameda do Campo da Feira, ao que acudiron vestidads de castrexas e castrexos as persoas asistentes. Non faltou música de gaiteiros, comida nin bebida. O prato estrela foi o “porco ao espeto” acompañado de chouirizos asados, bica e as tradicionais castañas asadas.

Tras o éxito e o interese que espertou esta primeira edición preténdese repetir o evento en  anos vindeiros.