Concello de Entrimo

Concello de Entrimo

Casa Niño

O concello de Entrimo conta cunha casa niño para ofrecer unha atención integral e personalizada a un máximo de cinco nenos e nenas con idades comprendidas entre os tres meses e os tres anos de idade, empadroados e empadroadas no Concello.

 

Esta atención combina un conxunto de rutinas e actividades que buscan afianzar as aprendizaxes que fan posible o desenvolvemento integral e harmónico dos nenos e nenas a nivel físico, cognitivo, afectivo, motor, emocional e social en estreita colaboración coas familias.

 

O servizo desenvólvese con carácter gratuíto na modalidade de atención diurna, de luns a venres durante todo o ano, excepto días festivos e un mes por vacacións.

 

As familias poden levar os nenos e as nenas un máximo de oito horas diarias en horario flexible, pactado coa profesional que desenvolve o proxecto.

 

Teléfono: 676 55 66 65