Concello de Entrimo

Concello de Entrimo

Museo Pura Santos

Museo público de carácter municipal inaugurado o 29 de marzo de 2014. Dedicado á ENTRIMESA Pura Santos, mestra da localidade, cuxo compromiso social coa cultura e coa tradición fíxoa merecedora deste recoñecemento público.

 

O museo conta cunha sala de exposicións temporais que, ao longo do ano, acolle traballos de artistas de diferentes ámbitos culturais e varias salas de coleccións permanentes.

Horario

De xullo a setembro

De martes a sábado de: 17:00 h. a 20:00 h.

É posible visitar o museo o resto de meses do ano contactando co Concello.