Concello de Entrimo

Concello de Entrimo

Trial

O interese por este deporte no noso concello remóntase aos anos 80 do século pasado cando Paco Paz, pioneiro da práctica de trial en Entrimo, plantou a semente dunha grande afección que foi crecendo en adeptos e que se manifesta  na realización de numerosas probas oficiais. 


Este entusiasmo consolídase no ano 2007 coa fundación do Moto Club Trial Entrimo. Mario Vázquez, presidente do club, xunto cos demais membros, demostraron a súa profesionalidade na organización DAS probas oficiais do Campionato galego e do Campionato de España de trial, competición que ten un marcado carácter internacional pola procedencia das e dos pilotos que participan.


A Federación española de Trial decidiu realizar en Entrimo unha das nove probas do Campionato de España o 24 de setembro de 2023, avalando coa súa confianza o bo traballo realizado polo Moto Club Trial Entrimo en anos anteriores.